Xa están publicados os resultados da 2ª xornada da Liga Galega de Clubs celebrada este pasado sábado en Pontevedra, na Piscina de Rías do Sur. Os nosos resultados foron os habituais a estas alturas do ciclo do adestramento, sen mellores marcas persoais, pero bastante cerca delas, o que é un bo sinal de cara os videiros capionatos Galego Junior e Open de Primavera.
O grupo acadou o 5º posto por equipos, igual que na xornada anterior, polo que seguimos en postos de loitar pola permanencia no mes de maio. O máis importante da xornada competitiva é que nos deu a oportunidades de medirnos e de motivarnos para mellorar a dinámica diaria para mellorar e ir a por todas na última xornada da Fase Preliminar e, por suposto, na sempre emocionante Fase Final.
Vindeira cita importante, Campionato Galego Junior e Copa Senior os días 8 e 9 de febreiro en Ourense.
A seguir Equipo!!