Este sábado dará comezo a tempada competitiva 24-25. Farémolo coa asistencia á primeira xornada da Liga Galega de Clubs. A tempada pasada acadamos o 2º posto da Division de Honra, así que estaremos un ciclo máis competindo entre os mellores. Viaxamos a Ferrol e será en sesión de tarde. As probas serán as seguintes: 4×50 libre, 800 libre feminino, 200 libre masculino, 50 bolboreta, 200 braza, 50 costas, 400 estilos e 4×100 estilos. Os nosos rivais serán, o CN. Portamiñá, CN. Ferrol, Club Fluvial de Lugo, e os recéntándoos ascendidos CN. Ponteareas e CN. Galaico. A tensión e a emoción están servidas, e do que non cabe dúbida é de que os nosos deportistas loitarán a tope por dar o mellor.
