Liga de Clubs

Este sábado celebrouse en Ferrol a 2ª Xornada da Liga Galega de Clubs. O noso equipo nadou a moi bo nivel tanto en probas individuais coma en remudas, acadando así o 1º posto, igual que na primeira xornada. Clasificación: C. N. Arteixo 313, A.D. Fogar 276,5, C. Marina Ferrol 248, C. N. Vigo Rías Baixas 196, C. USC 143,5, C. N. Xove 130.

Esta clasificación otórganos outros 7 puntos e seguir no primeiro posto da clasificación cara á Fase Final. Queda unha xornada por nadar, que será en Xove no mes de Marzo. Esperamos seguir competindo coa mesma motivación e igualar ou mellorar o noso nivel.

Resultados