Liga de Clubs

Este sábado comeza a Liga Galega de Clubs. O Club Natación Arteixo está en Segunda División e loitará por ascender a Primeira. Os nosos rivais non nolo poñerán doado, xa que son equipos de moi bo nivel competitivo: A.D. Fogar, Club Marina Ferrol, C.N. Rías Baixas, C.N. Xove e USC.

Nadaranse as seguintes probas: 4×50 estilos, 400 libre, 100 braza, 100 bolboreta, 200 costas, 200 estilos, 100 libre feminino, 50 libre masculino, 4×200 libre feminino e 4×100 libre masculino.

O desprazamento será en coches particulares, prégase puntualidade e acudir debidamente uniformados/as.

Ánimo para esta 1ª xornada EQUIPO!!

Convocatorias