Liga Benxamín. Resultados

Este sábado pasado celebrouse a 4ª xornada de Liga Benxamín en Carballo, coa participación do noso equipo máis mozo e máis motivado. Foi unha boa xornada competitiva e unha gran ocasión de convicencia para estes 12 compoñentes do equipo que participaron. Participamos na remuda de 4×50 estilos mixta con dous equipos que acadaron o 4º e 5º posto.

Seguimos avanzando cara as dúas derradeiras xornadas, e atent@s á clasificación por equipos para poder participar na Copa Benxamín, que pecha a tempada competitiva en xuño.

Noraboa Equipo!!

Resultados