Este sábado celebrouse en Riazor, en sesión de tarde, a 4ª Xornada de Liga Benxamín. Os nosos peques fixeron boa competición, moi animada, e aínda que as probas do calendario vanse complicando, este equipo vai entrando a modo neste mundillo competitivo. Debemos recordar que para estas idades o máis importante é mellorar a técnica, coñecer as regras dos diferentes estilos, os seus viraxes e saídas, e así prepararse para os anos posteriores, onde a competición vai cobrando máis protagonismo.
A remuda mixta de 4×50 estilos acadou o 3º posto. Na mesma xornada, unha vez rematada esta xornada de liga, os nosos prebenxamíns tiveron a oportunidades de coller experiencia cunha exhibición competitiva participando nas probas de 25 e 50 braza.
Noraboa a tod@s e a seguir así!!


