Liga Benxamín. Resultados

Este sábado estreuse na competición o noso equipo de base, o Equipo Benxamín. Fixeron unha boa competición en xeral, con moitas cousas para mellorar, competiron con ilusión e unidos, demostrando que é un dos grupos con máis futuro do Club Natación Arteixo.

Destacamos coma sempre as remudas, nas que se acadaron o 2º posto na de 4×50 estilos masculino e o 5º na de 4×50 libre mixta.

Noraboa Equipo!!

Resultados