O sábado celebrouse en San Amaro a 1ª xornada da Liga Benxamín, e temos que destacar ante todo a cantidade de nadadores e nadadoras que participaron defendendo as cores do Club Natación Arteixo. Un total de 9 nenas e 16 nenos, primeira vez que o CNA presenta un equipo tan completo nestas idades.
Era tamén a primeira competición co Arteixo do novo fichaxe da tempada como adestradora, Sara, que acabou moi satisfeita coa técnica dos seus pupilos/as, e con moitas ganas de seguir mellorando. Ademáis contaron coa presencia de Héctor entre o público, que mellor comezo podían ter…
Participamos nun total de 6 remudas, 4 masculinas (3º, 6º, 11º e 13º postos) e 2 femininas (5º e 8º postos).
Noraboa EQUIPO!!