Mañá sábado 25 de outubro arranca a Liga Alevín desta tempada. O Club Natación Arteixo compite con 15 deportistas na Piscina do Club del Mar de San Amaro. A competición terá lugar en sesión de tarde e dará comezo ás 17:00.
Nadaranse as seguintes probas: 100 braza e 200 costas para os maiores, 50 libre e 100 costas para os pequenos da categoría. Participaremos tamén en remudas de 4×100 libre masculina e feminina.
O equipo reunirase na entrada da piscina de San Amaro ás 15:45, pégase puntualidade e acudir uniformados/as.
¡¡Sorte EQUIPO!!