Liga Alevín. Resultados

Están publicados os resultados da 6ª Xornada da Liga Alevín celebrada o sábado en Carballo. Esta foi a derradeira xornada desta liga que se ven celebrando dende o mes de outubro.

Destacamos a participación do grupo de nenos nacidos en 2003 na remuda de 4×50 libre, na que acadaron o 4º posto. Quedamos a espera dos resultados a nivel galego desta liga para coñecer o posto acadado e se teremos posibilidades de entrar na Copa Alevín, aínda que sabemos que está moi difícil, debido á pouca participación que tivemos nestas derradeiras xornadas.

¡¡Noraboa a tódolos participantes!!

Resultados

Unha das integrantes deste equipo alevín, Nerea Iglesias Muíño, foi seleccionada pola Federación Galega para participar no Campionato de España de Edad Escolar por Comunidades Autónomas. Este campionato celebrarase en Cáceres os vindeiros 25 e 26 de abril, e Nerea participará nas probas de 100 e 200 braza.

Ver na FEGAN