Este sábado día 5 de abril, celebrouse en Riazor a 6ª e última xornada de Liga Alevín. Nadaron as probas de 1500 e 800 libre, 200 estilos e remudas de 8×50 libre mixtas 2000M/2002F e 4×50 libre do ano 2002 masculina.
Destacamos as remudas, nas que acadamos o 1º posto na dos maiores e o 2º na outra, na que participamos gracias á mellora de Dani e Federico, incorporacións desta tempada que estreáronse nesta última xornada de liga.
Xa temos os resultados publicados, agora quedamos á espera de que se nade esta xornada no resto de Galicia para coñecer a clasificación final da liga e saber se estamos en postos de participar na Copa Galega Alevín.
Celebrouse tamén este domingo a 4ª Xornada de Liga Máster, na que só poideron participar dous nadadores, pero acadando boas marcas persoais. Nadaron Carmelo, 50 bolboreta e 50 braza; e Javi Mella, 200 costas e 100 libre. Estamos á espera dos resultados.
¡¡Noraboa a tod@s os que competíchedes esta fin de semana!!