IX Campus de Verán 2014

Hoxe clausurouse o IX Campus de Verán organizado polo Club Natación Arteixo coa colaboración do Concello de Arteixo. Unha vez máis obtivo un gran éxito de participación e diversión. A actividade que xa é clásica pechando o Campus, foi a visita ó Parque Acuático de Cerceda.

Na clausura e entrega da camiseta conmemorativa estiveron presentes, Dona Puri Zas, concelleira de Deportes do Ilmo. Concello de Arteixo, Don Miguel González, Técnico Animador Deportivo Municipal, e Don Ignacio Folgueira, Presidente do Club Natación Arteixo.
¡¡Esperámosvos na próxima edición, que ademais será o 10º aniversario!!