HORARIOS E GRUPOS

Dende mañán luns contamos con máis espazo para os nosos adestramentos na Piscina Municipal de Arteixo, polo que publicamos novos horarios e grupos. Se tendes algunha dúbida ou problema cos mesmos podedes contactar coas adestradoras.

É moi importante seguir garantizando as medidas de hixiene e distanciamento aconselladas polas Autoridades. Cando os nadadores/as cheguen á instalación deben de dar o seu nome en recepción e pasar o menor tempo posible nos vestuarios, tanto á entrada como á saída.

Graciñas pola vosa paciencia e compromiso co Club Natación Arteixo.

Horarios e Grupos