Horario de Oficina

Con esta nova situación na que nos atopamos, dende o Club Natación Arteixo queremos seguir coa nosa atención ó público da forma máis eficiente posible, para eso temos habilitado unha pequena oficina no Pazo dos Deportes onde estaremos á vosa disposición tódolos venres de 18:00 a 20:00. Ademáis, se necesitades algo durante a semana, podedes pedirllo a Noelia, que acompaña cada día ós nenos/as no bus, e ela poderá atendervos.

Recordade que temos á venda o calendario coas fotografías deste ano 2015 por 10 euros, e toda a equipación que podedes ver no novo contido desta páxina web.