Paula Otero competíu a moi bo nivel estes días en Terrassa. Participou co Equipo Nacional España 2024 no Open de Catalunya que se celebrou en Terrassa dende o 14 ata o 17 de xaneiro. Obtivo un total de 5 medallas e nadou dúas probas por debaixo da mínima do Campionato de Europa Junior.
Foi unha gran competición para esta selección española, e Paula, de categoría junior, estivo á altura da calidade do evento, Cataluña é unha das Comunidades Autónomas con mellor nivel neste deporte, polo tanto era unha das mellores oportunidades para competir a gran nivel.
As probas máis destacadas foron o 800 e o 1500 libre, foi bronce, acadou as súas mellores marcas persoais, 8.46.20 e 16.45.28, ambas por debaixo da mínima do Campionato de Europa Junior, aínda que xa sabemos que estas marcas ten que refrendalas no Open de Primavera. Foi medalla de prata tamén en 200 bolboreta e acadou o 4º e 5º posto en 100 e 200 libre. Participou coa Selección nas remudas de 4×100 e 4×200 libre, sendo bronce nas dúas.
Esta foi unha boa experiencia competitiva para Paula dentro da súa aprendizaxe deportiva como parte da Selección Española.
Noraboa Paula!!