Gran éxito na churrascada

Un total de 123 persoas reuníronse este pasado sábado para celebrar a churrascada que inaugura o calendario de eventos do Club Natación Arteixo nesta tempada 2016/2017.

Tivemos unha climatoloxía perfecta, algo que axudou a que a xornada en Seixedo fora ideal. Voley, twister, baloncesto, e ata xogos traídos de moi lonxe para os rapaces, e ambiente de parloteo para os maiores.

20160917_churrascada2O Club aproveitou a ocasión para agasallar a Héctor Díez que se despide como adestrador para desenrolar a súa carreira profesional noutros ámbitos.

Isto non é unha despedida, xa que Héctor continuará formando parte da plantilla de nadadores, e esta tempada con enerxías renovadas. O Presidente do Club, Nacho Folgueira fíxolle entrega dun cadro que lle servirá de recordo de tódolos anos adicados á formación dos nosos nadadores e nadadoras.

Gracias Héctor polo teu especial traballo no CNA 

Sempre seremos o teu Club