Ges Benxamín

Este sábado celebrouse a 3ª xornada GES de categoria benxamín, foi en Ferrol, na Piscina de Javier Gómez Noya. Participamos con seis compoñentes deste grupo de base, Daniel Martínez, Irene ferro, Irlanda Formoso, Martín González, Pedro Aldao e Sofia Míguez. Tratouse dunha sesión de adestramento e de convivencia moi interesante para estes pequenos deportistas. Á sesión asistiu tamén a súa adestradora, Sara Gallardo.