Galicia 7ª no Campionato de FFAA

Mateo regresou esta madrugada de participar no Campionato de España de FFAA de categorías Infantil e Junior, que se celebrou dende o venres ata o domingo en Torrevieja, Alicante.

A competición celebrouse en 4 sesións nas que se nadaba o calendario completo de probas, Mateo participou en tres probas individuales e dúas remudas, nas que acadou os seguintes postos: 9º en 200 libre, 12º en 1500 libre, e 6º en 400 libre. En canto as remudas, aportou boas marcas persoais, acadando cos seus compañeiros junior o 9º posto en 4×100 libre e 7º en 4×200 libre.

As clasificacións completas da Selección Galega do campionato foron as seguintes:

 

Infaltil: 8º masculino, 7º feminino e 6º conxunto

Junior: 8º masculino, 6º feminino e 6º conxunto

Total: 5º masculino, 5º feminino e 7º conxunto

 

Noraboa Mateo e tódolos compoñentes da Selección Galega!!

Resultados