Galicia 5º posto en Canarias

Onte finalizou o Campionato de España de Comunidades Autónomas que se celebraba en Canarias dende o venres pola tarde. A selección galega, que contaba con dúas nadadoras do noso club, competiu a moi bo nivel, acadando o 5º posto conxunto, detrás de Cataluña, Madrid, Comunidad Valenciana e Andalucía.

As nadadoras do Arteixo, Antía Gómez e Paula Otero, disfrutaron a tope desta gran cita competitiva, e aportaron boas marcas e moita motivación a esta selección de categorías Infantil e Junior que acadou os seguintes postos nas clasificacións: Infantil, 8º masculino, 4º feminino e 6º conxunto; Junior, 9º masculino, 5º feminino e 6º conxunto, Total, 8º masculino, 5º feminino e 5º conxunto.

Antía, de categoría infantil nadou 50 libre, 100 costas, 200 costas e participou nas tres remudas do campionato. Paula, de categoría junior, nadou 800 libre, 200 bolboreta, 200 e 400 estilos, e as tres remudas da súa categoría. Esta nadadora fixo dúas marcas persoais moi destacadas. Na proba de 800 libre (8.46.23) nadou por debaixo da mínima esixida para participar no Campionato de Europa Junior, marca que deberá refrendar no Open de Sabadell para ser válida. Tamén batiu dúasMMG de 16 anos, en 200 bolboreta, con un tempo de 2.16.83 e na proba de 200 libre na primeira posta da remuda, con un tempo de 2.03.71.

Noraboa Antía e Paula!!  Noraboa Selección Galega!!

Web do Campionato