Gala do Deporte

Este ano o Club Natación Arteixo brillou con intensidade na Gala do Deporte de Arteixo celebrada o venres día 2 de decembro no Pazo dos Deportes. O nome do CNA aparecía nun total de nove nominacións das cales foi gañadora de dúas.

O Club Natación Arteixo estaba nominado nas seguintes categorías:

Mellor Deportista de Base Masculino (Mateo García)
Mellor Deportista Absoluta Feminina (Alba Gómez)
Mellor Equipo Masculino Base (Equipo Infantil-Junior)
Mellor Equipo Feminino absoluto
Mellor Equipo Masculino absoluto
Mellor Entidade
Mellor Deportista (Paula Otero)
Mellor Adestrador/a (Luchi)
E dous nominados para voto popular a deportistas máis queridos (Mateo e Alba)

A Gala foi dirixida por varios nomes coñecidos de Arteixo, e os premios foron entregados por varias autoridades, entre elas o Ilmo Sr. Alcalde, Carlos Calvelo e Dona Purificación Zas, concelleira de Deportes do Concello de Arteixo.

Foron premiadas, Alba Gómez Mesías, como Mellor Deportista de Categoría Absoluta, e o Equipo Feminino Absoluto.

Tivemos moita presencia do noso Equipo, con representantes de tódalas idades, así como pais e nais que asistiron como público.

Noraboa CNA!!