Gala do Deporte

Este pasado venres celebrouse a Gala do Deporte do Concello de Arteixo. O Club Natación Arteixo estivo presente entre o público con parte do equipo, e na pista, representando ás sete nominacións nas que o CNA estaba como finalista. Alba Gómez e Ramón Folch foron os nosos galardoados.

A Gala tivo lugar ás 20:00 no Pazo dos Deportes de Arteixo. Asistiron 1000 persoas e un total de 55 entidades deportivas. O encargado de dirixila, con moita gracia, foi o humorista coruñés David Perdomo. O CNA estaba nominado como finalista en sete premios: equipos de base feminino e masculino, equipo absoluto feminino, entidade deportiva, mellores nadador e nadadora de base e mellor nadadora absoluta.

Os premios foron entregados polo Alcalde de Arteixo, Don Carlos Calvelo, a Concelleira de Deportes, Dona Purificación Zas, e membros do xurado. A nosa galardoada foi Alba Gómez Mesías, como Mellor Deportista Absoluta. Alba tivo palabras de agradecemento no seu discurso para todos os seus adestradores/as, para os seus pais , e os compañeiros de equipo.Nesta Gala entregáronse unhas mencións especiais, e tamén ahí o CNA tivo presencia, xa que o noso Máster Ramón Folch foi galardoado cunha destas mencións.

Noraboa a todo o CNA por estas nominacións e a Alba e a Ramón polos vosos premios tan ben merecidos!!