Onte pola tarde rematou o Campionato de España de categorías Infantil e Junior celebrado en Pontevedra dende o xoves.
Valoración máis que positiva para os dous nadadores do Natación Arteixo, que competiron motivados e con forza.
Omar, na proba de 200 costas, con un tempo de 2.15.91 acadou o posto 30º de categoría Junior.
Alba nadou o sábado a proba de 100 braza e, cun tempo de 1.22.24, acadou o posto 29º. O domingo, último día de competición, participou en 200 estilos, proba na que fixo a mellor actuación de todo o campionato, acadando un posto para participar na final A. Esta xoven nadadora que sen dúbida coa súa capacidade de traballo e a súa ilusión fai sentir moi orgulloso a todo o club, nadou pola tarde esta final e mellorou a marca da sesión matinal, ficando 9ª de España de categoría Infantil.
¡¡Noraboa ós tres por este campionato!!