Este sábado celebrouse en Ponteareas, no Río Tea, a Fase Final do Circuito Galego de Augas Abertas e o Campionato Galego Contra Reloxo por equipos mixtos. Dando por rematada así a tempada de travesías xa temos a clasificación total do Circuito, onde este ano o Club Natación Arteixo brillou coa presenza de dúas nadadoras e dous nadadores, Mateo García Miguel A. Gómez, Alba Gómez e Nerea Alvite; Pablo Pose e Ana Veiga formaron parte tamén desta Fase Final e do Equipo mixto.
Imos por partes, primeiro falaremos da Proba por Equipos Contra Reloxo, a proba consistía en 1250 metros nadados en grupo e dando a saída a cada equipo participante con unha diferencia de 1´. O equipo do Arteixo, de seis compoñentes, acadou o 3º posto, nunha chegada bastante axustada.
Na proba celebrada como Fase Final do Circuito Galego, de 2500 metros, os postos máis destacados foron os de Mateo García, 1º da proba e Junior, Alba Gómez 2ª Senior, e Miguel A. Gómez 3º Junior_2. Ademáis, Ana Veiga 4ª e Nerea Alvite 5ª da categoría Senior.
E finalmente entregáronse tamén os galardóns da clasificación total do Circuito Galego de Augas Abertas, no que destacamos os postos por equipo, xa que o Club Natación Arteixo acadou o 2º posto tanto na masculina como na feminina. Nas clasificacións individuais os premiados foron, Mateo García 2º posto masculino, Miguel A. Gómez 6º posto masculino e Alba Gómez 2º posto feminino.