Os nervios están de punta nas filas do Club Natacion Arteixo, acércase un dos momentos máis emocionantes e competitivos da tempada 24-25, a Fase Final da Liga Galega de Clubs. O noso equipo xógase a permanencia en Division de Honra con dous grandes clubs como rivais directos, o Club Natacion Ponteareas e o Club Fluvial de Lugo.
Será un día completo de competición co calendario completo de probas e un total de catro remudas, que puntuando doble convírtense nas probas máis importantes e motivantes da xornada. Trasladamos a 23 nadadores convocados e todo un bus cargado de ánimo para apoiar a este gran equipo. Esta data sempre é moi especial para o CNA, que xusto neste 2025 cúmprense 10 anos do noso primeiro ascenso á mellor division de Galicia.
Poderemos seguir os resultados en directo na páxina web da Fegan. Desexámoslle a este equipo sorte e ánimo para esta gran xornada competitiva na que poderán poñer a proba a súa capacidade de rendir a tope no día D e a hora H.


