Grandes rivais tivo o Club Natación Arteixo o sábado en Pontevedra… Club del Mar e Natación Liceo entraron na Piscina de Rías do Sur dispostos a loitar polo mesmo co noso club, permanecer en División de Honra. Os tres equipos competimos a gran nivel e con moi bo ambiente.
Permanecerá o equipo de San Amaro, noraboa!! pero o Club Natación Arteixo pode dicir que discutiu ata a última brazada dentro e fora da auga, que competiu como unha piña, logrando o segundo posto da permanencia: Club del Mar 397, C.N. Arteixo 334, C.N. Liceo 323.
A vindeira tempada estaremos en 1ª División, seguiremos adestrando con motivación renovada, e ganas de seguir demostrando de que son capaces os do Arteixo.
Noraboa EQUIPO pola actitude deste sábado,
o CNA non se rinde!!