Paula Otero e Ana Veiga xa voltaron da súa “aventura” de 5000 metros en Barcelona. Voltan nada máis e nada menos que con dúas medallas e un 10º posto, e con un 4º posto para o Club Natación Arteixo na clasificación feminina por equipos. Sen dúbida mereceu a alegría a viaxe relámpago ás terras catalanas.
Foi este domingo 30 de xaneiro, nas instalacións do Club Natación Barcelona, ambas participaban no Campionato de España de Larga Distancia en piscina. Primeiro nadou Ana, de categoría senior, que con un 10º posto ganouse a praza para poder participar no Campionato de España de Augas Abertas que se celebra na tempada de verán.
Paula nadou na seguinte serie, e fixo unha carreira do máis impresionante, empezou a primeira parte da proba no primeiro lugar, pasando a ser segunda despois de 1000 metros nadados, persistiu no seu bo facer en canto a técnica e ritmo regular, pasando de novo a dominar a proba pasados os 4000 metros. A última parte da proba foi aumentando distancia da rival máis cercana, rematando Campiona de España en categorías Junior-2 e Absoluta.
A marca realizada por Paula na proba, foi mellor marca persoal, e significa ademáis un primeiro requisito cumprido para ter a oportunidade de ser seleccionada para o Campionato de Europa de Augas Abertas.
Noraboa Ana e Paula!!