Éxito en Suevos 2015

Hoxe celebrouse a IX Edición da Travesía a nado Concello de Arteixo – VIII Memorial Marina Álvarez, que o noso club organiza no Porto de Suevos, coa colaboración do Concello. A climatoloxía, foi moi boa despois desta semana tan irregular. O estado do mar era tranquilo, boas condicións para a natación en augas abertas. Máis de 200 deportistas foron os que finalmente se botaron ás augas de Suevos, para nadar un total de tres probas diferentes.

A proba máis longa era a de 2.500 m, con un aumento de participación respecto a outras edicións, puntuable para o Circuito Galego de Augas Abertas, e que foi disputada por 70 nadadores. Os campións absolutos desta proba foron Manuel Davila (Real Canoe) na masculina, e Paula Goyanes (C.N.Galaico) na feminina. Estes son os gañadores/as por categorías:

2500 Metros

1- Manuel Davila (Real Canoe), Martín Carrera (CN Ponteareas), Sergio Campos (CN Coruña)

2- Paula Goyanes (C.N.Galaico), Paula Abeledo (AD Liceo), Alicia Conde (CN Galaico)

3- Lucas Costa (CN Ponteareas), Daniel Sánchez (CN Galaico), Alberto Tomé (AD Fogar)

4- Natalia Lago (CN Coruña), Clara Otero (CN Riveira), Iria González (AD Liceo)

800 Metros

5- Julio Gil, Javier Couso (Club del Mar), José R. Zas

6- Estefanía González, Mª Gloria Oreiro, Mª Ángela Gómez (C Fluvial de Lugo)

7- Francisco Sanjorge (CN Arteixo), Omar Andrade (CN Arteixo), Luis Suárez (CN Arteixo)

8- Alba Gómez (CN Arteixo), Sara Gallardo (Club del Mar), Nuria García (CN Galaico)

9- Francisco Castro (CN Galaico), César Pazos (CN Arteixo), Carlos Gómez (CN Arteixo)

10- Laura Costas (CN Ponteareas), Paula Taboada (AD Liceo), Irene Cabezas (AD Fogar)

11- Alexandre Lages (CN Riveira), Jorge González (SD Boiro), Sergio Picallo (CN Coruña)

12- Andrea Domínguez (CN Ponteareas), Carla Faro (CN Ponteareas), Nerea Iglesias (CN Arteixo)

200 Metros

13- Miguel Ángel Abelenda (AD Fogar), Pablo Martín, Mateo García (CN Arteixo)

14- Lorena Martínez (CN Arteixo), Eva Sánchez (CN Arteixo), Sara Tages (CN Galaico)

En canto a trofeos especiais, o do nadador máis novo foi para Lucas Riola, de 6 anos e o do nadador máis veterán foi para José Leal Piñeiro.

Os trofeos “Marina Álvarez” ós mellores nadadores do Club Natación Arteixo, os levaron, na categoría masculina Iván García (2500 m) e César Pazos (800 m); na categoría feminina foron Noelia Gómez (2500 m) e Alba Gómez (800 ms) as premiadas.

Estiveron presentes para a entrega de premios, representando ó Concello de Arteixo: D. Carlos Calvelo, Alcalde, Dna. Purificación Zas Concelleira de Deportes, D. José Mª Novo, Teniente de Alcalde e concelleiro de Seguridade Cidadán, e D. Ángel Vázquez, concelleiro de Xuventude, acompañados polo Presidente do Club Sarval Natación Arteixo, D. Ignacio Folgueira.

Neste ano tan importante para o Club Natación Sarval Arteixo no que gañou o título de copa ascendendo a División de Honra precisamente no seu 10º aniversario, esta travesía segue a ser un gran colofón. Nesta ocasión o Presidente do Club, Nacho, tiña preparada unha sorpresa para todo o seu equipo de División de Honra, un agasallo-recordo dese momento que xa é inesquecible.

Resultados