Esta fin de semana celebrouse en Ibiza o Campionato de España de Augas Abertas no que algunha das probas era tamén a 2ª Etapa da Copa do Mundo de Augas Abertas. Celebrouse nun estupendo entorno para este tipo de eventos, na Praia de Santa Eularia del Ríu. Resultou unha gran competición para o noso Club, con un total de seis medallas de Paula Otero e Mateo García que asistiron ó evento formando parte do Equipo Nacional, e unha clasificación por equipos con un 2º posto feminino e 3º masculino.
Empezamos por Paula Otero, nadadora de categoría absoluta e que acadou un total de catro medallas neste campionato. Nadou a proba de 10K, pertencente á Copa do Mundo, o venres en sesión de mañán, na que acadou o 12º posto absoluto e Bronce do Campionato de España. O sábado participou na novedosa proba do Knock-Out, na que se nadan 1500-1000-500 en modo eliminatorias, Paula pasou á final e proclamouse Campiona de España e 7ª en total. Rematou a competición con unha gran carreira o domingo na proba de 5K, na que foi Bronce de todas as participantes e Campiona de España.
Mateo Garcia, dos máis novos da categoria absoluta, foi o compoñente masculino máis destacado do Equipo Nacional, sendo Campión de España nas dúas probas nas que participou. No 10K, clasificatoria para os Campionatos Internacionais, foi 16º na clasificación total, e na de 5K destacou acadando o 10º posto.
A nosa participante máis nova foi Paula Rodríguez, de categoría Junior-1, tamén obtivo bos resultados, nadando moito máis segura e competitiva que no seu estreo en sevilla no 2024. Nadou o venres en sesión de tarde, con un clima moito máis adverso que nas probas da mañán, a proba de 7,5K na que acadou o 12º posto. O sábado participou tamén no Knock-Out Sprint, alcanzando as semifinais e rematando no 8º posto da súa categoría. Gran experiencia para Paula, que volta con ganas de seguir preparándose nesta disciplina tan especial dentro do noso deporte.
Sen dúbida, outro momento histórico para o noso Club, escoitar o seu nome nun doblete de Campións de España este domingo en Ibiza, o noso Club faise grande na medida que os seus deportistas encaran o futuro con grandes metas e van a por elas con empeño e perseverancia. Gracias Mateo García, Paula Otero, e en xeral gracias a todos os nosos nadadores e nadadoras que cada día dedican horas a convertirnos no que xa somos, un Gran Equipo.
Noraboa ós tres!!





