Paula Otero participou esta fin de semana no 53º Meeting Internacional de Ginebra co Equipo Nacional Junior. A súa actuación foi todo un éxito, nadou un total de seis probas, todas con postos de finalista. O máis salientable foron os tres ouros nas probas de 1500, 800 e 400 libre, nesta proba ademáis bateu o récord do campionato. Tamén participou nas probas de 100 libre, na que acadou o 7º posto, e en 100 e 200 bolboreta, nas que acadou os postos 10º e 8º.
Noraboa Paula!!