Éxito de Mateo en Viena

Mateo obtivo un gran resultado este sábado en Viena, no Campionato de Europa Junior de Augas Abertas. Foi unha carreira moi dura e competitiva, pero Mateo soubo posicionarse dende o principio no grupo de cabeza, que máis adiante rompeuse en dous, quedando el de líder do segundo grupo e rematando así en 8º lugar. Este posto neste importante evento internacional significa unha posible nova clasificación para Mateo, xa que con el cumple os criterios da RFEN para participar no Campionato do Mundo de Augas Abertas que se celebrará a principios de setembro en Italia.

Noaboa Mateo!!

Web do Campionato