Exitazo do Equipo Máster

O equipo Máster do Club Natación Sarval Arteixo bateu moitos récords esta fin de semana en Pontevedra, no seu Campionato Galego de Inverno. Récord de participación con 17 deportistas, de medallas con 25 metais en total, de postos acadados en clasificación con un 11º posto na clasificación conxunta (15º masculina e 8º feminina), de récords galegos, e ata de veteranía con un premio especial para Ramón Folch.

En total asistiron 7 nadadores e 10 nadadoras. Non é doado transmitir a ilusión coa que participaron neste campionato, acadando así case tod@s as súas mellores marcas persoais e marcando un obxectivo moi ambicioso de cara ó campionato de verán. Acadáronse 22 medallas individuais, 6 ouros, 6 pratas e 10 bronces.

Un dos obxectivos eran as remudas, as femininas de categoría +120 acadaron dúas medallas, ouro na de 4×50 libre e bronce na de 4×50 estilos. A remuda masculina de +200 acadou unha prata na remuda de 4×50 libre.

O nadador Ramón Folch acadou dous récords galegos nas probas de 100 libre (1.38.84) e 50 costas (55.08), ademáis foi galardoado como o nadador máis veterán do campionato. Isto si que é un auténtico deportista, exemplo a seguir por todas as novas xeracións do club. Na súa Barcelona natal nadou e xogou a waterpolo co Club Natación Sabadell, e segue a entrenar e competir con auténtica pasión. Noraboa Ramón!!

 

Noraboa EQUIPO, eleváchedes o listón, en verán máis e mellor!!

Medalleiro

Resultados