Eva viaxa a Sabadell

A nadadora de categoría infantil, Eva Sánchez Bello viaxa a Sabadell este mércores para participar no Campionato de España Infantil de verán, que se está a celebrar dende o 20 ata o 23 de xullo. Participa na proba de 200 costas, esta tempada pola situación epidemiolóxica non hai mínimas, o acceso a estes campionatos é a través do ranking de cada idade, e Eva acadou marca para estar nese ránking no Campionato Galego celebrado en Pontevedra hai dúas semanas.

Podemos estar atentos/as ós seus resultados e vela a través de streaming no enlace que deixamos a continuación.

Ánimo e sorte Eva!!

Web do Campionato