Eva Sánchez Bello, nadadora de categoría alevín do Club Natación Arteixo, foi convocada para participar coa Selección Galega no Campionato de España de Comunidades Autónomas da súa categoría.
Este Campionato celébrase en Oviedo, na Piscina del Oeste, de 50 metros, os días 28, 29 de febreiro e 1 de marzo. Eva nadadrá dúas probas individuais, 200 costas o sábado pola tarde e 100 costas o domingo pola mañán.
Gran experiencia para esta nadadora de 13 anos, esperamos que a disfrute e que defenda a Galicia coma ela sabe facer cada vez que compite.
Ánimo e sorte Eva!!