Eva na Selección Galega

A nadadora do Club Natación Arteixo, Eva Sánchez Bello, de categoría infantil, acaba de ser seleccionada para formar parte do equipo que viaxará a Palma de Mallorca para participar no Campionato de España de Federacións Autónomas de categorías Infantil e Junior.

Dito campionato será do 11 ó 13 de febreiro e Eva está convocada para nadar tres probas, 50 libre, 100 e 200 costas. Asimesmo as seleccións galegas infantil e junior participarán en tódalas remudas do calendario.

Noraboa Eva!!

Convocatorias