Hoxe Eva Sánchez Bello viaxou a Palma de Mallorca formando parte da selección galega que participará no X Campionato de España por Federacións Territorais de categorías Infantil e Junior.
A competición consta de 4 sesións repartidas dende o venres pola tarde ata o domingo a mediodía. Eva participará en dúas probas individuais que terán lugar o venres pola tarde (200 costas), e sábado pola tarde (100 costas). A competición será retransmitida vía sreaming con un pequeno custo económico, e poderemos seguir os resultados de forma inmediata na páxina do campionato.
Desexámoslle a esta selección de 21 deportistas galegos que deixen as nosas cores galegas ben altas na Piscina de Son Hugo, estaremos atent@s a toda a competición, mentres seguimos poñéndonos a punto para o Campionato Galego que cada vez está máis cerca.