Eva irá a Sabadell

A nadadora de categoría infantil, Eva Sánchez Bello, coa marca que acadou no Campionato Galego Infantil celebrado en Pontevedra hai unha semana, conseguiu clasificarse para participar no Campionato de España Infantil de Verán na proba de 200 costas, quedando a tan só dous postos de entrar na proba de 100 costas. Este evento celébrase durante a semana que ven en Sabadell.

Noraboa Eva!!