Eva Sánchez Bello ven de participar no Campionato de España Infantil que se celebrou en Logroño dende o xoves 28 ata o domingo 31. Celebrouse no Complexo Deportivo das Norias, con piscina de 50 metros ó aire libre. Eva acadou moi boas marcas persoais e foi finalista en dúas das probas nas que participou.
Esta nadadora de 15 anos leva una época de moi boa progresión, sendo este campionato o de participación en maior número de probas, catro en total. Nadou as probas de estilos, acadando os postos 21º en 200 e 22º en 400. E participou tamén na súa mellor especialidade, as probas de costas, nas que acadou postos de finalista. Rematou no 9º posto en 100 e 10º en 200 costas.
O campionato foi toda unha nova experiencia para Eva, boas marcas, moi bo espíritu competitivo, e gran ambiente de compañeirismo entre toda a natación galega, que vive estes eventos coma se fora un só un equipo, unha das mellores cousas que se levan os nen@s deste deporte.
Noraboa Eva!!