EQUIPO ALEVÍN 3º POSTO

Moi bo fin de semana competitivo para o Equipo Alevín do Club Natación Sarval Arteixo. Este grupo, formado por catro nadadoras e oito nadadores acadou o 3º Posto na clasificación por equipos no  Campionato Galego. Voltan con moi boas sensacións, seis medallas, moitas MMP (mellores marcas persoais) e motivados para seguir traballando para mellorar.

Este evento celebrouse na Piscina Santa Isabel, de Santiago, durante o sábado e o domingo en sesións de mañán e tarde. O máis salientable son os postos nas clasificacións, 4º feminino, 5º masculino e un importante 3º na conxunta. Este é un logro importante para este equipo de base do noso club.

As remudas tamén estiveron a moi bo nivel, con dúas medallas de bronce para as nenas e en xeral probas moi ben loitadas. 4×200, 5º masculino e 4º feminino; 4×100 libre, 5º masculino e bronce feminino; 4×100 estilos, 4º masculino e bronce feminino.

A nivel individual destacamos o nivel competitivo e a motivación de cada proba. Ademáis, a nadadora Eva Sánchez Bello acadou un total de catro medallas na categoría 13 anos, dous ouros, unha prata e un bronce.

Noraboa a tod@s e a seguir así!

Resultados

Medalleiro