Enorme Fase Final

Unha vez máis, coma é habitual nos deportistas do Club Natación Arteixo, o sábado en Vigo deleitaron a tod@s os asistentes cunha gran competición. O Club Natación Portamiñá logrou a permanencia en 1ª División discutindoa cun CNA «duro de roer». Os nosos nadadores e nadadoras, dende o máis grande á máis pequena, loitaron cada brazada con emoción e esforzo, polo que resultou unha competición moi reñida, con boas marcas, e durante toda a xornada, moi axustada de puntos. O CNA na vindeira tempada, competirá en Segunda, pero descende sendo un equipo de gran honra e un gran rival para o Portamiñá.

Competíamos pola Permanencia con dous equipos, o Club Natación Portamiñá e o CN Rías Baixas, só un podía quedar en Primeira e xa na sesión de mañán sabíase que iba a estar discutido entre nós e os de Lugo. Tan reñido foi, que despois da primeira sesión estábamos só 3 puntos por debaixo. Retomamos a competición pola tarde, con forzas anovadas, nas primeiras probas destacaron os nosos, pero no total da xornada, e cun final de remudas de 4×100 libres trepidantes, acadaron eles o primeiro posto con 16 puntos de diferencia. Noraboa Portamiñá!

A puntuación foi a seguinte: Portamiñá 414, Arteixo 398, Rías Baixas 242. O Campión da Primeira División foi o RCN de Vigo, que loitou polo título con Ponteareas e o Fluvial de Lugo, nunhas series tamén de gran nivel competitivo.

Noraboa a tod@s, ós que nadaron e os que animaron, gran orgullo de EQUIPO para o CNA!!

Resultados