O vindeiro sábado 8 de febreiro o Club Natación Sarval Arteixo ten a súa gran celebración anual. Pola tarde organizamos o XV Encontro de Natación Concello de Arteixo, no que nenos e nenas de categorías benxamín e alevín compiten na Piscina de Arteixo con outros clubs invitados. Para ter máis información, preme no cartel dos contidos da dereita desta páxina web.
Pola noite, reunirémonos como xa é habitual, para celebrar a Cea Anual do club. Nesta ocasión será no Restaurante Valcobo ás 22:00, con un prezo de 25 euros para adultos e 20 euros para deportistas. Os pais e deportistas que estean interesados/as en asistir á cea deberán facer o ingreso na conta do club, e deixar o xustificante no club antes do luns 3 de febreiro.
Tamén lembramos que temos á venda nas oficinas do club o Calendario 2014, e que nesta páxina web podedes ver os descontos dos colaboradores.