Despois dun extraño comezo desta Tempada 20/21, xa estamos nela de pleno. Esta fin de semana da comezo o calendario competitivo proposto pola FEGAN , e queremos aproveitar para recordar a tod@s unha serie de aspectos importantes.
A presenza de público nas competicións será delimitada pola instalación de cada evento, pero en xeral debemos contar con que non será posible.
Para cada competición haberá que levar firmada unha declaración responsable que vos faremos chegar dende o Club.
Os aforos de tódalas instalacións son moi limitados, esto condicionará tódalas competicións, tanto en posibilidade de celebrarse como en datas e forma.
O CNA segue, para esta situación que vivimos, o Protocolo Covid_19 da Fegan, aproveitamos esta nova para publicalo nesta páxina e poñer tamén á vosa disposición unha guía de como funciona o Seguro Deportivo que teñen os nadadores/as polo feito de ter licenza federativa.