Empezamos a competir

Este sábado 19 de outubro estreamos as competicións da tempada 2013/2014. Será en Riazor en sesión de tarde, 11 deportistas nadarán a 1ª xornada de control de marcas. Estas competicións son novidade, e veñen a sustituir as fases preliminares da Copa Galega de Clubs, que queda reducida a dúas xornadas de fase final.

Nadaranse as seguintes probas: 400 estilos masculino e feminino, 1500 libre masculino e 800 libre feminino.

A competición dará comezo ás 17:30 e reunirémonos tod@s en Riazor ás 16:00 para o quencemento, prégase puntualidade e por suposto equipación oficial.

¡¡Sorte para este estreo!!