Diversión en Seixedo

Non todo vai a ser adestrar e competir… Este pasado sábado o Club Natación Arteixo reuniu en Seixedo a 109 persoas entre deportistas e familiares para celebrar unha churrascada de inicio de tempada. A excelente climatoloxía, as ganas de divertirse de tódolos/as asistentes, e a magnífica organización foron as garantías dun gran día.

Temos algunhas fotos para comprobalo na nosa páxina de facebook á vosa disposición.

¡¡Grazas a tod@s pola vosa asistencia, o ano que ven seremos máis!!