Hoxe celebrouse a X Edición da Travesía a nado Concello de Arteixo – IX Memorial Marina Álvarez, que o noso club organiza no Porto de Suevos, coa colaboración do Concello. A climatoloxía foi moi boa ainda que amañeceu un pouco nublado. O estado do mar era tranquilo, boas condicións para este tipo de eventos en augas abertas. Máis de 100 deportistas foron os que disputaron as diferentes categorías e distancias da proba.
A proba máis numerosa foi a de 800 metros, con máis de 65 nadadores, pero a proba máis dura foi a de 2500 metros nadada a continuación. Como remate da mañán a proba dos pequenos, de 200 metros foi un magnífico colofón.
Estes son os gañadores/as por categorías:
2500 Metros
1- Peio Ormazabal (USC)
2- Cristina Pino (AD Fogar)
3- Xián Prego (CN Arteixo), Lucas Prego (CN Arteixo), Alejandro Canedo (CN Arteixo)
4- Alba Gómez (CN Arteixo), Natalia Lago (CN Coruña)
800 Metros
5- Rafael Zas, Javier Couso (Club del Mar), Pedro Lista
6- Estefanía González, Mª Gloria Oreiro, Dolores Sar
7- César Pazos (CN Arteixo), Estevo Capelán (CN Arteixo), Luis Suárez (CN Arteixo)
8- Noelia Gómez (CN Arteixo), Uxía España (CN Arteixo), Ana Freire (CN Arteixo)
9- Iván García (CN Arteixo), Carlos Gómez (CN Arteixo), David Iglesias (CN Arteixo),
10- María Iglesias (CN Coruña), Paula Taboada (CN Coruña), Nerea Pazos (CN Arteixo)
11- Mateo García (CN Arteixo), Cristian González (CN Arteixo), Daniel Capelán (CN Arteixo)
12- Nerea Iglesias (CN Arteixo)
200 Metros
13- Simón Rey (CN Coruña), Mateo Sobrino (CN Culleredo), Héctor Ríos (CN Arteixo)
14- Celia Rega (CN Arteixo), Lorena Martínez (CN Arteixo), Sara Tages (CN Galaico)
En canto a trofeos especiais, o do nadador máis novo foi para Santiago Figueiras, de 8 anos e o do nadador máis veterán foi para José Leal Piñeiro, con 74 anos.
Os trofeos “Marina Álvarez” ós mellores nadadores do Club Natación Arteixo, os levaron, na categoría masculina Xián Prego (2500 m) e Iván García (800 m); na categoría feminina foron Alba Gómez (2500 m) e Noelia Gómez (800 m) as premiadas.
Estiveron presentes para a entrega de premios, representando ó Concello de Arteixo: D. Carlos Calvelo, Excelentísimo Alcalde, Dna. Patricia Amado, Concelleira de Promoción e Desenvolvemento Económico, e D. Ángel Vázquez, concelleiro de Xuventude e participación cidadán, acompañados polo Presidente do Club Sarval Natación Arteixo, D. Ignacio Folgueira e Marcos Mañana, Directivo do Club Insua.
Podemos dicir que foi un éxito de organización, aproveitamos para agradecer a todos os voluntarios e voluntarias que fixeron isto posible. Rematamos esta Travesía, que precisamente cumpre dez anos de historia, con unha gran paella (noraboa Javier, estaba estupenda), que serviu para festexar o remate dunha gran tempada para o Club Natación Sarval Arteixo.