Gran parte do equipo de maiores, tan elegantes nestas fotos, asiste esta fin de semana a Ourense para unha das grandes citas da tempada. Celébrase o Campionato Galego de Inverno Infantil e Junior, e como novidade, paralelamente, a Copa Senior. Un total de 20 nadadores/as representarán ó noso club neste evento.
O Campionato celébrase na Piscina de 50 metros de Rosario Dueñas, en Ourense, en 3 xornadas de dúas sesións cada unha. En tódalas probas haberá series de categorías Infantil e Junior e unha ou dúas de categoría senior.
No total dos deportistas que asisten teremos, 6 Senior, 7 Infantiles e 7 Junior, que participarán nun total de 63 probas individuais. Tamén participaremos en remudas de categoría masculina Infantil e feminina Junior.
Estaremos atent@s ós resultados deste equipo na páxina da FEGANm, onde os publicas case en directo: