O equipo que representou ó Club Natacion Arteixo no Campionato de España Open de Primavera acaba de aterrizar de volta deste gran evento deportivo no que obtiveron moi bos resultados. Cinco medallas de Mateo García e Paula Otero, un Récord Galego, presencia en nove finais, e un gran ambiente competitivo é un pequeno resumen do que detallamos a continuación.
A competición comezou o mércores día 5 e durou ata o domingo 9, con sesións de eliminatorias e finais pola tarde. Asistimos con dúas nadadoras e un nadador de categoría absoluta e un nadador de categoría Sub_20. Esta era a primeira gran cita en Piscina de 50 metros a nivel nacional, a ocasión de medirse e de poñerse novos obxectivos de cara a tempada de verán.
Empezamos polos medallistas, Mateo García Castro, acadou tres medallas de ouro de categoria Sub_20 e unha clasificacion absoluta moi destacada nas tres probas nas que participou, 1500, 800 e 400 libre. Esta proba, deixámola para o final, pero foi a máis destacada de Mateo, xa que acadou a súa MMP con un tempo de 3.54.49, Récord Galego e marca de consideración para o Campionato do Mundo de Augas Abertas de Singapur. Será complicado, xa que Mateo é da idade máis xoven da categoría e os criterios de selección dependen de postos en citas a nivel internacional moi competitivas, pero este é un primeiro gran paso. Paula Otero Fernández participou en dúas probas, 1500 libre e 800 libre, e foi medalla de bronce absoluta en ambas, facendo moi boas carreiras.
Alba Gómez Mesías participou nun total de catro probas. Estreouse co 50 libre, proba na que acadou o posto 28º; a seguinte foi o 100 libre con un 10º na final. O derradeiro día foi para ela o máis intenso e á vez o máis meritorio, nadando as probas de 200 libre e 200 estilos, acadando postos de finalista en ambas e mellorando moito as marcas na sesión de tarde. Acadou o 13º posto en 200 libre e o 12º en 200 estilos.
Miguel Ángel Gómez, estreouse nesta ocasión como finalista, foi na proba de 200 braza, acadando o 15º posto absoluto. Tamén participou o domingo en 100 braza, logrando o 51º posto.
Outro momento importante para o noso Club durante o evento foi no que se lle fixo entrega a Mateo García da Medalla ó Mérito Deportivo coa que foi galardoado por parte da RFEN polo seu resultado internacional de medallista na remuda de Augas Abertas no Campionato do Mundo Junior da tempada 23-24.
Noraboa ós catro por este campionato!!




