Os representantes do Club Natación Arteixo encargados de rematar a tope esta tempada saen hoxe para Canarias para participar no Campionato de España Junior e Absoluto de verán. Será dende mañán martes a sábado, con sesións eliminatorias polas mañáns e finais polas tardes. O evento realízase nas instalacións do Club Natación Metropol, en Las Palmas.
Asisten tres deportistas para nadar un total de nove probas. Alba Gómez, de categoría absoluta nadará 50, 100, 200, 400 libre, e 200 estilos; Paula Otero, de categoría junior participa en 400, 800, 1500 libre e 200 estilos; e Miguel Ángel Gómez, junior, participa na proba de 200 braza.
O Campionato será retransmitido vía streaming. Desexámoslle a estes nadadores que lle poñan unha boa guinda a esta tempada nadando coa maior ilusión.
Ánimo e Sorte!!