Covocatorias fin de semana

Esta fin de semana será moi animada para o Club Natación Arteixo, xa que participaremos nun total de tres competicións, movilizando a un total de 60 deportistas. Estas serán, a Liga Benxamín, Trofeo Marcos García Soto e Campionato Galego de Augas Abertas.

O sábado pola tarde celébrase en Carballo a 6ª e última xornada da Liga Benxamín, asistimos a nadar as seguintes probas: 100 costas, 100 bolboreta, 200 braza, 50 libre e remudas de 4×100 libre mixtas.

Tamén o sábado, pero en xornada completa un grupo de varias categorías, alevín, infantil, junior e absoluta, asisten a Ferrol para participar no Trofeo Marcos García Soto, onde se nadarán os 50 e 100 de cada estilo, con eliminatorias en sesión de mañán, e finais en sesión de tarde. Pasaremos un bo día de convivencia, xa que nos trasladamos en autobús, tendo así a posibilidade de quedar ata o final da competición aínda que non se entre en finais.

E finalmente, o domingo en sesión de mañán, celébrase en Arzúa, no Embalse de Portodemouros, o Campionato Galego de Augas Abertas, no que participarán dúas nadadoras máster, Raquel e Ana, que nadarán 2500 metros ás 10:00, e tres deportistas, Mateo, Carla e Paula, que nadarán 5000 metros ás 11:30.

Deixamos á vosa disposición enlaces ás convocatorias e ás páxinas de información do Trofeo e do Campionato de Augas Abertas.

Sorte e ánimo a tod@s!!

ConvocatoriasWeb do Trofeo MGSCampionato AA