Mañá sábado, en Xove, nádase a 2ª xornada da Copa Galega de Clubs de segunda división, competición que encabeza o Club Natación Arteixo.
Nádanse as seguintes probas: 4×50 libre, 400 estilos, 100 bolboreta, 200 libre, 50 costas, e 4×100 libre feminino na sesión de mañá. 200 bolboreta, 100 libre, 50 braza, 400 libre, e 4×100 estilos masculino e feminino.
Todo o equipo trasládase a Xove, incluidos algúns alevíns e por suposto o noso grupo de pais-nais fans habituais. O ánimo non vai a faltar, loitaremos entre todos por ascender, ¿seremos capaces de facelo en primeira posición?
A expedición sae da Piscina Municipal de Arteixo ás 7:15, prégase puntualidade e acudir correctamente uniformad@s.
¡¡Ánimo EQUIPO… a por todas!!
Este domingo celébrase en Lugo, na piscina de Frigsa, a 4ª Liga Máster, na que participarán Javi (50 libre e 50 costas), e Carmelo (400 libre e 50 costas). Esta é a derradeira xornada, están xa encamiñados ó Campionato Galego.
¡¡Ánimo chicos!!