Copa Galega de Clubs

Este sábado comeza a Liga Galega de Clubs. O noso club acadou a tempada pasada a permanencia en Primeira División, así que competiremos cos seguintes clubs: R.C. Náutico de Vigo, Club Fluvial de Lugo, C.N. Portamiñá, Rías Baixas e C.N. Ponteareas. Nadaranse as seguintes probas: 4×50 estilos, 400 libre, 100 braza, 100 bolboreta, 200 costas, 200 estilos, 100 libre feminino, 50 libre masculino, 4×200 libre feminino e 4×100 libre masculino.

Moita sorte para este equipo que inicia esta liga, na que volveremos a xogarnos a división na que remataremos esta tempada 18/19.

Convocatorias